Encontro de mercado cos cociñeiros do barrio
Quedan pocas entradas

Encontro de mercado cos cociñeiros do barrio

O ciclo 'Encontros de mercado' pecha con catro restaurantes do barrio para celebrar o vínculo da súa cociña co produto local e os mercados.

Por Casa RIA

Fecha y hora

mié, 23 abr 2025 18:30 - 21:00 CEST

Ubicación

Casa RIA

Rúa da Virxe da Cerca 6 15703 Santiago de Compostela Spain

Política de reembolso

Refunds up to 2 days before event

Acerca de este evento

  • El evento dura 2 horas 30 minutos

O ciclo «Encontros de mercado» de Casa RIA pecha o mércores 23 de abril cun evento cultural e gastronómico protagonizado por catro cociñeiros e cociñeiras do barrio, celebrando o vínculo co produto local e poñendo en relevo as prazas de abastos como espazo de futuro para a gastronomía.

A sesión arrancará coas breves presentacións a cargo de Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo, e de Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA, quen fará tamén un repaso polos encontros anteriores do ciclo.

Nesta ocasión, contaremos coa presencia de:

– Lucía Freitas, cociñeira compostelá á fronte dos restaurantes A Tafona e Lume, tamén lidera o proxecto audiovisual Amas da terra, que da voz ás produtoras que cimentan á súa gastronomía

– Víctor Lobejón está á fronte do Anaco, o seu proxecto persoal ás portas da cidade vella, que se basea nunha cociña sinxela onde prima o respecto ao produto.

– Iago Pazos cofundador do grupo Abastos, puxo en marcha o proxecto hai máis dunha década para traballar desde o propio barrio do mercado, co que iso implica: tempada e proximidade.

– Alén Tarrío dirixe o Pampín Bar, unha taberna reconvertida que se esconde entre as ruelas de San Pedro e mantén unha filosofía de casa de comidas.

A través dos seus proxectos gastronómicos no barrio, compartirán a súa relación cotiá co mercado e os seus produtores, o papel que xoga no seu proxecto e a súa visión de futuro para estes lugares fundamentais na vida das cidades.

Ao rematar, a conversa continúa cuns petiscos para degustar o seu traballo a través de catro tapas, elaboradas por cada un dos protagonistas do encontro.


Mércores 23 de abril, 18.30h
Casa RIA (Virxe da Cerca 6, Santiago de Compostela)
30€ + gastos de xestión


O programa «Encontros de mercado» enmárcase na programación especial de Casa RIA arredor do rol dos mercados no territorio, realizada en colaboración coa Xunta de Galicia como parte da súa aposta de impulso e dinamización das prazas de abastos locais, incluída no futuro Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025–2030.



————



Encuentro de mercado con los cocineros del barrio

El ciclo «Encontros de mercado» de Casa RIA cierra el miércoles 23 de abril con un evento cultural y gastronómico protagonizado por cuatro cocineros y cocineras del barrio, que celebran el vínculo con el producto local y poniendo de relieve los mercados como espacios de futuro para la gastronomía.

La sesión comenzará con las breves presentaciones a cargo de Gabriel Alén, director general de Comercio y Consumo, y de Manuel Rodríguez, director de la Fundación RIA, quien hará un repaso de los encuentros anteriores del ciclo.

En esta ocasión, contaremos coa presencia de:

Lucía Freitas, cocinera compostelana al frente de los restaurantes A Tafona y Lume, lidera también el proyecto audiovisual Amas da terra, que da voz a las productoras que sostienen su propuesta gastronómica.

Víctor Lobejón está al frente de Anaco, su proyecto personal a las puertas del casco histórico, basado en una cocina sencilla donde prima el respeto al producto.

– Iago Pazos, cofundador del grupo Abastos, puso en marcha el proyecto hace más de una década para trabajar desde el propio barrio del mercado, con todo lo que eso implica: temporada y proximidad.

Alén Tarrío dirige Pampín Bar, una taberna reconvertida que se esconde entre las calles de San Pedro y mantiene la filosofía de casa de comidas.

A través de sus proyectos gastronómicos en el barrio, compartirán su relación cotidiana con el mercado y sus productores, el papel que desempeña en sus propuestas culinarias y su visión de futuro para estos lugares fundamentales en la vida de las ciudades.

Al finalizar, la conversación continuará con una degustación del trabajo de sus cocinas: cuatro tapas, elaboradas por cada uno de los protagonistas del encuentro.


Miércoles 23 de abril, 18:30 h
Casa RIA (Virxe da Cerca 6, Santiago de Compostela)
30 € + gastos de gestión


El programa «Encontros de mercado» forma parte de la programación especial de Casa RIA en torno al papel de los mercados en el territorio, desarrollada en colaboración con la Xunta de Galicia como parte de su apuesta por el impulso y dinamización de las plazas de abastos, incluida en el futuro Plan Estratégico del Comercio de Galicia 2025–2030.

Organizador

Casa RIA acolle un programa público de eventos, charlas, conferencias e exposicións relacionadas co traballo da Fundación RIA, incluíndo a planificación urbana, a xestión territorial sustentable e a cultura do deseño arquitectónico.

Casa RIA acoge un programa público de eventos, charlas, conferencias y exposiciones relacionadas con el trabajo de la Fundación RIA, incluyendo la planificación urbana, la gestión territorial sostenible y la cultura del diseño arquitectónico.